|
|
|
|
| Casas Rurales Ourense, Casa Rural CIMA DA VILA, 'TERRA DE CALDELAS', Galicia, Reserva Online |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Casa Rural en Castro Caldelas ('TERRA DE CALDELAS', Ourense) |
|
| |
|
|
|
|
|
| |
Capacidad 1-9 plazas |
| |
Modo alquiler: habitaciones
habitaciones: 5
|
|
|
|
|
|
|
|
| | | | | Castro Caldelas es una villa ourensana situada en la Galicia rural, en la zona conocida como Ribeira Sacra, rodeada de bosques autóctonos de castaños y robles de singular belleza por los que se pueden dar agradables paseos.
En Castro Caldelas se puede visitar,
el Castillo que data del S.XIV y está situado en el barrio Cima da Vila que, como su nombre indica, es la parte más elevada del pueblo. En el año 1467 sufrió una destrucción parcial fruto de la Revuelta Irmandiña; más tarde, en el año 1809, las tropas francesas en retirada lo incendian en represalia por el ataque de los vecinos a sus tropas. Desde 1973 se acometen varias obras de restauración y en 1990 los Duques de Alba lo donan al pueblo,
la Iglesia románica de Santa Isabel del S. XVI,
y la Iglesia de la Virgen de los Remedios de estilo Neoclásico del S. XVIII.
El 19 de enero, víspera de San Sebastián, y a la caída del sol, en esta villa se celebran OS FACHOS, una fiesta muy especial. Las gentes provistas de "os fachos" ( antorchas realizadas con paja) se concentran delante de la iglesia para luego salir en procesión. Una atracción es el "fachón" de unos 35 m. que llevan entre varios vecinos y que junto al resto y al sonido de las campanas, salen del atrio de la iglesia para dar la vuelta al castillo y volver al lugar de partida, donde se echan los restos de los "fachos" en una gran hoguera. Después del acto central de la fiesta y al calor de la lumbre, se degustan chorizos con pan y vino al son de las gaitas hasta altas horas de la madrugada.
Las fiestas patronales de la villa que se celebran el 8 de septiembre cuentan con un personaje que es sin lugar a dudas el más característico del folklore de Castro Caldelas, o IRRIO. Con una máscara de madera y vestido de frac, en el que resaltan unos grandes botones, lleva una "pelica" o piel de oveja con la que persigue a los asistentes.
En Castro Caldelas podemos degustar y cuidar nuestra salud gracias a la amplia gama de productos de la zona, cultivados y producidos ecológicamente como queso de oveja, mermeladas, tartas, bica, castañas y el vino de la variadad mencía, con D.O. "Ribeira Sacra.
| | |
| | | | | | | Castro Caldelas é unha vila ourensá situada na zona coñecida como Ribeira Sacra, rodeada de bosques autóctonos de castiñeiros e carballos de singular beleza polos que se poden dar agradables paseos.
En Castro Caldelas pódese visitar:
O castelo que data do S.XIV e está situado no barrio Cima da Vila que, como o seu nome indica, é a parte máis elevada da vila. No ano 1467 sufriu unha destrución parcial froito da Revolta Irmandiña; máis tarde, no ano 1809, as tropas francesas en retirada incéndiano en represalia polo ataque dos veciños ás súas tropas. Desde 1973 acométense varias obras de restauración e en 1990 os Duques de Alba dóano ao pobo.
A igrexa románica de Santa Isabel do S. XVI.
A igrexa da Virxe dos Remedios de estilo neoclásico do S. XVIII.
O 19 de xaneiro, véspera de San Sebastián, e ao solpor, nesta vila celébranse OS FACHOS, unha festa moi especial. As xentes provistas dos fachos (teas realizadas con palla) concéntranse diante da igrexa para logo saír en procesión. Unha atracción é o fachón duns 35 m. que levan entre varios veciños e que xunto ao resto e ao son das campás, saen do adro da igrexa para dar a volta ao castelo e volver ao lugar de partida, onde se botan os restos dos fachos nunha gran fogueira. Despois do acto central da festa e á calor do lume, degústanse chourizos con pan e viño ao son das gaitas ata altas horas da madrugada.
As festas patronais da vila que se celebran o 8 de setembro contan cun personaxe que é sen lugar a dúbidas o máis característico do folclore de Castro Caldelas, o IRRIO. Cunha máscara de madeira e vestido de frac, no que resaltan uns grandes botóns, leva unha pelica ou pel de ovella coa que persegue aos asistentes.
En Castro Caldelas podemos degustar e coidar a nosa saúde grazas á ampla gama de produtos da zona, cultivados e producidos ecologicamente, como queixo de ovella, marmeladas, tortas, bica, castañas e o viño da variedade mencía, con D.O. "Ribeira Sacra".
| | |
| |
| |
|
|
|