+ Info
CASA DO VAL
Ponteareas, O CONDADO (Pontevedra)
A nosa preciosa casa rural, situada en Galicia ( Ponteareas, Pontevedra) foi construida no ano 1816 e restaurada como aloxamento de turismo rural no ano 2001, atópase no corazón de "O Condado", no concello de Ponteareas, vila recoñecida como de Interése Turístico Nacional, debido ás súas famosas alfombras florais que se realizan no CORPUS CHRISTI . Debido a súa situación convírtese nun enclave estratéxico para coñecer Galicia.

A casa conta con 5 habitacións dobres totalmente equipadas, todas con baño, así como cun amplio comedor que actúa de zona de encontro entre todolos hóspedes da casa.

Temos tamén unha ampla cociña que aúna todalas comodidade da vida moderna coa tradición, ó poseer todolos electrodomésticos necesarios e unha maravillosa cociña de leña, que caldea a casa nos momentos máis familiares.

Tamén dispón de calefacción central e unha zona de lectura e repouso.

Tentamos eliminar ó máximo as barreiras arquitectónicas que existían para aumentar a accesibilidade da mesma, sempre tendo en conta, as características orográficas da zona.

A finca que rodea a casa abarca uns 10.000 metros de zona verde.

Unha parte da finca está axardinada e a outra conservouse intacta, conservando os árboles autóctonos centenarios e a flora típica do lugar, o que favorece o contacto directo coa natureza máis arraigada.

No verán a gran variedade de flores existentes e no inverno, os castaños, fan que o visitante se atope nun entorno puramente autóctono e enxebre. Disfrutar das nosas sombras á hora de durmir a siesta se convírtese nun verdadeiro placer.

A zona é un lugar ideal para la práctica de deportes como o sendeirismo debido ás ideais condicións do seu entorno, no cual existen moitas fragas e montes.

Nas inmediacións da casa hai múltiples rutas de sendeirismo, señalizadas e xeolocalizadas que farán que os amantes da naturaleza disfruten ó máximo.

Pódense practicar tamén outras actividades de tempo libre, tales como quads, paseos a cabalo, rafting, kayak, paintball...en colaboración de empresas especializadas da zona e que nos poremos ó seu servicio.

Neste ambiente, todolos amantes da vida sosegada e natural atoparán o lugar máis axeitado para facer realidade os seus soños, á vez que descubren a belleza da nosa bela comunidade, Galicia, o paraíso para unha escapada natural.



" Agradaríamos que se atopen a gusto entre nós"
Admite mascota
Grella
Equipados para discapacitados
Xardín-terraza
+ Info
A propiedade está situada no "O CONDADO", no municipio de "Ponteareas" (fóra da cidade, a 4 km da cidade). É un lugar montañoso. Un km 10 é o campo de golf "mondariz". O establecemento ten xardín-terraza, grella, ten cociña, lavadora.
Anticipo
- Anticipo 40%: O pago realizarase por transferencia
A resto será aboado polo cliente directamente á súa chegada ó aloxamento
Situación
Logotipo Mi web