+ Info
CASA BRAVO
Pontevedra, PONTEVEDRA (Pontevedra)
Construida en 1910, Casa Bravo abriu as súas portas en 2008 despois de dous anos de traballos de rehabilitación. Os seus actuais propietarios conservaron a súa estructura tradicional de casa de aldea, empregando para a reconstrucción materiais tradicionais, fundamentalmente pedra e madeira. A decoración combina elementos antigos y modernos, tecidos naturais y cores cálidas. O resultado é unha casa cómoda e acolledora que invita ó lecer e ó relax. Casa Bravo, máis que unha casa, é un verdadeiro fogar.


A súa situación xeográfica convértea no lugar perfecto para disfrutar dunha grande variedade de ofertas de ocio, cultura, gastronomía e deporte. A cinco minutos atópase a fermosa cidade de Pontevedra, co seu coidado casco antigo de uso peonil, para disfrutar de agradables paseos e das terrazas que numerosos bares y restaurantes poñen ó servicio dos visitantes. A dez minutos están xa algunhas das numerosas praias de fina area que posúe a Ría de Pontevedra. En vinte minutos chégase é vila de Sanxenxo ou á illa de A Toxa, centros de grande actividade turística e cun entorno natural privilexiado. E a tan so trinta minutos atópase Santiago de Compostela.

A casa dispón de tres habitacións dobres con baño e televisión, un espacioso salón comedor con chimenea e televisor onde poderán ver Canal Satélite Digital, unha cociña totalmente equipada con placa de inducción, microondas, forno eléctrico, lavadora e secadora, e un porche onde disfrutar de agradables sobremesas, longas veladas de animada conversa, xogos de mesa ou a lectura dun bo libro. Conta tamén cunha rede WIFI en toda a casa. No exterior, un xardín orientado ó oeste permite disfrutar dunha preciosa posta de sol sobre un amplio val, mentres se descansa recostado nunha hamaca ou se saborea un albariño na terraza, sen esquencernos dos nenos, que contan cun pequeno parque infantil. Por todo isto, Casa Bravo é ideal para ser alquilada completa, tanto por familias como por pequenos grupos de amigos.
Admite mascota
Conexión a Internet
Cheminea
Grella
Xardín-terraza
+ Info
A propiedade está situada no "PONTEVEDRA", no municipio de "Pontevedra" (). É un lugar montañoso. O establecemento ten conexión a internet, xardín-terraza, grella, restaurant, ten cociña, lavadora.
Geral:
- Conexión a Internet
- Admite mascota
- Espazo libre de tabaco

- Incluídos: roupa, toallas
- Aparcamento gratuíto

Nas áreas comúns:
- Piscina para nenos (3.5x3.5 m.), xardín (400 m².), Grella, Mesa e cadeiras de xardín
Anticipo
- Anticipo 20%: O pago realizarase por transferencia
A resto será aboado polo cliente directamente á súa chegada ó aloxamento
Situación
Logotipo Mi web