CASA DA RONCHA
Casa da Roncha atópase a 2 Km. ao sur de Noia, moi preto das praias e rodeada de zona verde e moita vexetación.
Preto da casa ( a 300 metros) pasa o río e camiñando pola beira leste hai un roteiro de sendeirismo que segue polo monte San Lois e baixa á Praia de Testal, que se atopa a 4 Km. da casa rematando o roteiro na Praza do Tapal, diante da Irexa de San Martiño de Noia.
COMENTARIO DA CASA
A Casa da Roncha sitúase nun contorno tranquilo no que poderá gozar de toda a calma e natureza que poida desexar. Dispoñemos de sete cuartos dos cales tres son dobres e catro de matrimonio.
Todos eles dispoñen de baño, televisión, calefacción central e vistas ao exterior. A casa dispon dun salón con cunha magnifica cheminea para pasar tranquilamente os días chuviosos de Galicia. Poñemos a súa disposición un coidado xardín con grella, pérgola e fermosas mesas para o seu goce.