+ Info
CASA DOS ULLOA
RIBADAVIA, RIBEIRO (Ourense)
N. Rexistro OR-TR-92
O Pazo dos Ulloa de Esposende é unha construción de comenzos do século XV e encóntrase situado en pleno corazón da bisbarra vitivinícola do Ribeiro, as beiras do Río Avia, pouco antes de que este empate co “Pai Miño”.

Forma parte do rico pasado de Ribadavia, coñecida dende sempre polos seus famosos viños e a súa abundante riqueza monumental, natural e paisaxística; un pasado que deixou, ademais de casas fidalgas e nobres pazos, igrexas, capelas, santuarios e conventos.

As orixes do Pazo dos Ulloa de Esposende, descenden de Don Sancho Sánchez de Ulloa, señor da Fortaleza de "Pambre". Este foi pai de don Vasco Sánchez de Ulloa, a comezos do século XVI, e este á vez, pai de don Juan Sánchez de Ulloa, que en 1575, posuía o Pazo de Esposende, chamado tamén " das Quintas". Comprendía moitas terras, en Esposende e o Ribeiro, pero ademais tiña o Couto de Ponte de Castrelo, que comprendía esta xurisdición, os pobos de Esposende, San Andrés, A Quinza e San Paio, 39 vasalos, dos que recibía a lutuosa que anualmente cobraban e medio de viño branco e tinto, 8 touciños, xamóns, tres cabritos, seis carneiros, dez galiñas, oito capóns cebados, un azumbre de mel e tres de manteigada, todo iso de renda e outras dereitos, montes, prados, etc.

Actualmente o Pazo dos Ulloa de Esposende consta de 5 cuartos dobres dispoñibles para o seu aluguer. Cada cuarto posúe un cuarto de baño independente e todos os útiles necesarios para o seu descanso e comodidade.

Non dubide en solicitar máis imaxes ou calquera tipo de información sen compromiso ningún, pois estamos á súa disposición.
Non admite mascota
Aire acondicionado
Conexión a Internet
Cheminea
Grella
Xardín-terraza
+ Info
A propiedade está situada no "RIBEIRO", no municipio de "RIBADAVIA" (). É un lugar montañoso. O establecemento ten conexión a internet, aire acondicionado (só nas principais salas), xardín-terraza, grella, ten cociña.
Geral:
- Conexión a Internet

- Espazo libre de tabaco

- Incluídos: roupa, toallas
- Aparcamento gratuíto

Nas áreas comúns:
- Terraza
Anticipo
- Anticipo 30%: O pago realizarase por Tarxeta para a garantía

A resto será aboado polo cliente directamente á súa chegada ó aloxamento
Situación
Logotipo Mi web