+ Info
Casa Pousadoira
Miño, BETANZOS (A Coruña)
N. Rexistro TR CO 0022
Cando ves a Pousadoira fas moito máis que turismo rural. Estás apoiando o desenvolvemento do medio rural e a poboación que vive e traballa nel.

No ano 1994 encetabamos as obras de reconstrucción dunha vella casa de labranza, de construcción tradicional, que non puido ser recuperada na sua totalidade, pro da que mantivemos a tipoloxía tradiconal. Dende entón xa fixemos varias reformas e obras de mantemento, a última acabou en 2008.

Aberta dende 1995, Casa Pousadoira é unha casa sinxela pero acolledora, onde tentamos que a xente se sinta cómoda e participe por uns dias deste xeito de vida e das ilusións que nos animan.



INSTALACIÓNS

6 cuartos dobles con baño, 3 deles con sala

ADEGA: planta baixa,cama de matrimonio

MONTE: planta baixa, cama de matrimonio

FORNO: planta baixa, duas camas

HORTA: 1ª planta, cama de matrimonio (1.50*2.00 m), sala,

ALBARIZA: 1ª planta, 2 camas, sala

HORREO: 1ª planta, cama de matrimonio, sala, posibilidade de 2 camas supletorias.

Hai un berce gratuito a disposición dos hóspedes

SALÓN DE USO COMÚN con televidión, lareira e biblioteca. Xogos de mesa. Conexión wi-fi

COMEDOR para almorzo e cea

XARDÍN arredor da casa, 100 m2

HORTA DE CULTIVOS ECOLÓXICOS: Cultivamos hortalizas para autoconsumo na casa. Estamos certificados polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia.
Non admite mascota
Conexión a Internet
Cheminea
Xardín-terraza
+ Info
A propiedade está situada no "BETANZOS", no municipio de "Miño" (). O establecemento ten conexión a internet, xardín-terraza, lavadora.
Geral:
- Conexión a Internet
- Admite mascota
- Espazo libre de tabaco

- Incluídos: roupa, toallas
- Aparcamento gratuíto

Nas áreas comúns:
- xardín, Mesa e cadeiras de xardín
Anticipo
- Anticipo 40%: O pago realizarase por transferencia
A resto será aboado polo cliente directamente á súa chegada ó aloxamento
Situación
Logotipo Mi web