Casa completa con capacidade máxima para 4 persoas (2 o ideal) ó contar cunha habitación dobre e un sofá-cama na sala de estar. Situada en SEOANE DO CAUREL, o viaxeiro atopará aquí restaurantes, supermercados e servizos médicos e bancarios.
Dende Seoane, onde se sitúa a Estación Científica do Caurel, poderá visitar o pobo de Parada onde naceu e viviu o poeta Uxío Novoneyra (3 km), percorrer os sendeiros da "Devesa da Rogueira" (5km) ou, xa en coche, acercarse ata dúa localidades moi importantes no Camiño de Santiago: Samos e O Cebreiro, a 25 km.
O Caurel, o lugar con máis biodiversidade de Galicia agárdate en Casa Valín.