Casa de aldea do s. XVIII, consta de dúas habitacións dobles con baño, salón comedor, cociña e un apartamento con dúas habitacións dobles con cuarto de baño compartido , sala con mini cociña e outro baño.
Na casa destacan as vigas de madeira do teito, a cheminea , o chan de pedra e madeira, os mobles antigos da propia casa que foron restaurados polos seus propietarios. Cabe destacar as mesas do salón, o aparador onde se gardan o pratos e vasos que foron quedando da familia, as camas de ferro, o reloxo de parede e unha infinidade de obxetos que decoran cada unha das estancias.
Casa Vixide atópase situada nunha parcela de 4.100m, rodeada dunha ampla zona de céspede, árbores frutais e plantas ornamentais.
Tamén ten un hórreo(edificación típica galega onde se almacenaban as mazorcas de millo) e un cuberto onde se atopa un comedor de verán con barbacoa para degustar á brasa as ricas carnes da zona.