+ Info
FOGAR DO SELMO
Casal do Poño Urdilde, O SAR (A Coruña)
N. Rexistro TR-CO 163
A só 10 minutos de Santiago de Compostela por autovía.
Situada nunha aldea típica galega e en pleno entorno de natureza, construída nas inmediacións do que antigamente foi un castro celta, encontrámonos ca Casa Rural FOGAR DO SELMO, casa de labranza tradicional galega, plenamente restaurada, onde o visitante poderá gozar de tódolos servizos e comodidades do mellor hotel. Dispón de 2 salóns de estar, 10 amplas habitacións con teléfono, televisión, baño (con cabina de hidromasaxe) e piscina.

A súa situación privilexiada fai que o visitante se encontre xusto a medio camiño (a tan só 10 Minutos) entre a cidade de Santiago de Compostela, visita obrigada para todo turista que veña a Galicia, e (a tan só 17 Km.) de fabulosos areais, para disfrutar de estupendas xornadas de praia e incluso dar inesquecibles paseos en barco polas nosas rías. En concellos próximos tamén poderá gozar de multitude de actividades, así como admirar un importante legado arquitectónico e arqueolóxico que realmente merece a pena visitar.

Conta así mesmo con servizos próximos vinculados a casa, como hípica, golf, sendeirismo, visitas turísticas en barco o un moderno e completo balneario, con equipo médico, fisioterapia y rehabilitación a só 10 minutos da casa.

No mesmo entorno da casa, nunha paraxe encantadora, existen varias rotas de sendeirismo que recorren os emprazamentos carismáticos da zona.
Unha oportunidade única para coñecer os encantos do mundo rural que rodea o ambiente do lugar.

Poderá tamén degustar os exquisitos produtos gastronómicos da terra, a maioría dos cales son cultivados na propia horta da casa e preparados na nosa cociña.
Visítenos e coñecerá o encanto artístico e cultural dunha rexión chea de vitalidade e tranquilidade.

Organizamos comunións, bautizos, comidas, ceas, reunións de empresa ou amigos con gran esmero bo ambiente e unha comida exquisita.

Brindámosche servizos próximos, vinculados á casa, como Hípica, Campo de Golf ou Balneario.

Para máis información visite a nosa web
Non admite mascota
Piscina
Aire acondicionado
Conexión a Internet
Cheminea
Grella
Xardín-terraza
+ Info
A propiedade está situada no "O SAR", no municipio de "Rois (Casal do Poño Urdilde)" (). É un lugar montañoso. O establecemento ten conexión a internet, aire acondicionado (só nas principais salas), piscina, xardín-terraza, grella, restaurant.
Geral:
- Conexión a Internet
- Non admite mascota
- Espazo libre de tabaco

- Incluídos: roupa, toallas
- Aparcamento gratuíto

Nas áreas comúns:
- Piscina, Espreguiçadeiras, xardín, Mesa e cadeiras de xardín
Anticipo
- Anticipo 40%: O pago realizarase por transferencia
- Fianza: 40%
A resto será aboado polo cliente directamente á súa chegada ó aloxamento
Situación
Logotipo Mi web