No Hotel Casa de Caldelas o turismo rural da Ribeira Sacra vístese de deseño. Inaugurado no 2012 é un lugar que dispón dos servizos dun sofisticado hotel sen perder o encanto propio da casa rural. Tranquilidade e intimidade nunha casa brasonada no casco histórico da vila, rodeado de infinita beleza natural. Percíbese en cada detalle o amor co que os seus propietarios levan este proxecto adiante; a impresionante altura dos teitos demostra ese seu ánimo de propiciar o mellor ambiente neste hotel, onde a vangarda imponse acorde á estrutura clásica das casas tradicionais do pobo de Castro Caldelas. É unha edificación catalogada por Patrimonio Histórico Cultural de Galicia. A fachada principal está composta por tres grandes arcos de pedra a modo de soportais. Envolto de calma e coas comodidades dunha vila, ten todos os elementos, xunto coas actividades que se poden realizar no seu entorno, para facer deste un espazo ideal e descubrir, dende un enclave privilexiado, o interior de Galicia.
Invitámosvos a un novo concepto de turismo rural nun hotel singular e único, coa natureza que envolve a esta vila medieval como elemento indispensable. Casa de Caldelas está situada na mesma praza da población ó pé dunha rúa empedrada que nos leva á fortaleza. Nun extraordinario e moi tranquilo núcleo urbano, o emprazamento, como é habitual nas boas casas fidalgas, defínese espectacular. Construíuse a comenzos do século XVIII e actualmente foi restaurada e reformada ao completo salvando todo o seu antigo esplendor exterior, co confort engadido que xenera unha decoración e distribución interior óptimas. A pedra, madeiras nobres e materiais de última xeración suxiren un ambiente rústico e sofisticado que, xunto cos mobles, e demais accesorios logran ligar á perfección a herdanza do pasado coa actualidade en termos tanto artísticos como funcionais.
Está completamente equipado con seis habitacións dobres, todas con cuarto de baño propio, teléfono, wifi,televisión, fío musical, zona de reunión, cafeteira, camas supletorias, cunas, etc. As amplias habitacións exteriores teñen vistas panorámicas á Ribeira Sacra e á praza de pedra central do pobo, onde se levan a cabo a maior parte das actividades culturais e de ocio que se realizan na comarca, engarzada polas súas encantadoras rúas medievais que nos levan camiño ó Castelo e nos introducen nunha atmósfera de historia e tranquilidade. Como elementos comunitarios, dispón dun acolledor espazo aberto interior con sala de estar de moi xenerosas dimensións. Ten a vantaxe de dispor de zona de aparcamento público visible desde o aloxamento. No hotel vivimos de cheo a vida do centro da vila coa intimidade e o silencio que nos da o illamento das súas enormes paredes de pedra, típicas da arquitectura galega. O Hotel Casa de Caldelas conta cunha fermosa cafetería con terraza onde poderá degustar a bica Rubio -incluída no desaiuno- . Este negocio está situado a 50 m. do hotel. Dispón tamén dunha atractiva tenda integrada no primeiro andar, na que poderá encontrar todo tipo de artesanía propia da zona, bicas, queixos, viños, licores etc.. Ó mesmo tempo poderá ollar unha pequena exposición de esculturas, tallas, pinturas de diferentes artistas locais. Isto, xunto con un persoal acolledor e entregado, fai que todo sexa acorde ao orixinal propósito da casa: o benestar. Un hotel rural ideal para viaxes en parella, escapada en familia, amigos ou sen compañía: sempre vivirán unha interesante e intensa experiencia individual en Castro Caldelas.