A casa de Turismo Rural "O Trisquel" é unha antiga vivenda de pedra de principios do século XIX, situada a 1.220 m. de altitude na pequena aldea de Vilanova de Trevinca, no concello de A Veiga dentro da comarca de Valdeorras (Ourense), debaixo de Pena Trevinca, la maior altura de Galicia.
As súas coordenadas de localización son 42º16'OO" Norte e 6º53'29" Oeste. A súa ubicación é privilexada por estar na cabeceira de tódalas rutas que conducen ou atravesan o más importante macizo montañoso e máxima altura de Galicia, Pena Trevinca de 2.127 metros de altitude.
Con aproximadamente 200 anos de antigüidade consta de tres cuartos dobres, dous baños de uso común (un na zona superior e o outro na zona baixa), boa biblioteca, escanos (antigos bancos galegos), se conserva ademais o antigo forno da casa, cociña e un amplo comedor na planta baixa.
A decoración mixtura mobles galegos, telas antigas e recordos de viaxes. A cociña que se ofrece ao visitante é coñecida polo sabor e a calidade dos seus ingredientes. Se guisa en barro, tamén se fai cociña vexetariana.