Antiga casa de aldea construida con pedra e barro, materiais típicos das construcións da zona, con unha antigüedade superior ós 100 anos. Reformada para ofrecer servizos de habitacións e comidas. (Última reforma en outubro de 2013).
Construida por Manuel Díaz Abella, bisavó do actual propietario, o cal era xastre, de ahí o seu actual nome "Casa do Xastre". E dedicada toda a súa vida a negocio hosteleiro, dende principios do século como taberna e tenda de ultramarinos e dende o ano 1996 como casa rural.
O edificio principal ten na planta baixa un comedor rústico no cal se ofrecen almorzos. Na primeira planta hai un salón común de reunións, con todo tipo de xogos de mesa, TV, DVD, etc. E no edificio anexo de plana baixa hai 6 habitacións dobres, todas con baño incluido, así como unha sala de lectura,.