Rectoral de Candás
Antigua casa rectoral da parroquia de San Martiño de Candás, no concello ourensán de Rairiz de Veiga, na comarca da Limia. Construida a finais do S.XVIII recentemente foi rehabilitada, respetando a súa estructura orixinal, como establecemento de turismo rural.
Lugar ideal para lecer, nun entorno privilexiado de grande valor paisaxístico e natural, por elo esta zona foi incluida na Reserva da Biosfera da Área de Allariz, reconocida como tal pola UNESCO no ano 2005. Tamén pode servir como punto de partida dende o cal se pode coñecer e desprazarse pola provincia de Ourense e o norte de Portugal.
Habitacións:
A casa dispon de 6 amplas e confortables habitacións dobres, unha delas situada na planta baixa. Todas dispoñen de cuarto de baño completo e televisor, dúas delas dispoñen de bañeiras de hidromasaxe no cuarto de baño. Tamén hai posibilidade de dispor de cuartos de dúas camas e de berces.
Como zonas comúns conta cun salón comedor, salón e galería.
Outras instalacións:
A Rectoral, que conta cun amplo pero recollido patio pechado que lle da certa intimidade á construcción, está nunha paquena aldea de montaña: Candás, con apenas media ducia de veciños, onde a paisaxe se conforma a base de verdes prados, antigos labradíos abandon e vellos soutos de castiñeiros centenarios nos que reina a tranquilidade e o silencio.
Ademáis, polo seu emprazamento, contitúese nun espléndido balcón natural dende o cal se divisa boa parte das tellas da desaparecida Lagoa de Antela e ó fondo a impoñente Serra do Larouco, divisoria natural co veciño Portugal.